O Ciclo Formativo é o ensino regulado e comprende unha serie de coñecementos teórico-prácticos dun determinado campo profesional e dirixido en principio a alumnado en idade escolar. Constitúe o núcleo da formación profesional específica.
Á superación dun destes Ciclos Formativos obteráse o título de Técnico.
Os seis Ciclos Formativos que se imparten no noso Centro, de Grao Medio, teñen unha duración entre 1400 e 2000 horas lectivas, repartidas en dous cursos académicos. Entre 380 e 400 desas horas dedícanse a prácticas obrigatorias en centros de traballo.